miércoles, 1 de agosto de 2018

Novos Nomeamentos

Pola Presente:
 Noméase a Marinna Princeps Biculum et Augustus.
 Noméase a Lucus Gran Ducus Campolensis et Caesar.
 Noméase a Rubennus Archiducus Chanvinnius et Autócrator.
 Noméase a Hugus Conde -Ducus Caboeirensis et Basileus.
A Liña sucesoria ó titulo imperial queda da seguinte maneira:
1.- S.A.I. Marinna Princeps Biculum et Augustus.
2.- S.R.I. Lucus Gran Ducus et Delfinus Tombolensus et Caesar.
3.- S.R.I. Rubennus Archiducus Chanvinnius et Autócrator.
4.- S.R.I. Hugus Conde -Ducus Caboeirensis et Basileus

Pavlvs I. Imperator Vidialdi

martes, 17 de febrero de 2009

Proclamación do Consello

O Imperium Vidialdi xa ten un Consello, formado por:
- Consulum: Elius ducus Trarrochus
- Praetore: Iosefus marquesus Folguerius
- Cuestor: Iohannes condus Campumarismus
- Censorus: Luisus viciscondus Eremitus
- Aedilus: Davidus baronus Fontinus e Abelus baronus Faetirusis.

Pavlvs I. Imperator Vidialdi

jueves, 12 de febrero de 2009

Proclamación imperial

Annuntio vobis gaudium magnum;
Habemus Imperator:
Eminentisimus ac distinquisimus Dominus,
Dominus Pavlvm
Magnus Vidialdi Imperium
Citadanus Revoltinius
Qui sibi nomen imposuit Pavlvs I.

Constitución do Imperium Vidialdi

Eu, Imperator Pavlvs I, outorgo esta Constitución ó Imperium Vidialdi:

Capitulo Primeiro: Do Imperium

Artigo 1.- O Imperium Vidialdi constitúese como un imperio virtual, que comprende o territorio xeográfico da aldea de Bexo (o antigo Couto de Bexo), pertencente ó concello de Dodro. O Imperium só se disolverá por iniciativa do Imperator.
Artigo 2.- A capital do Imperium situarase no lugar onde teña a súa residencia o Imperator, e a sede do Consello e a Dieta non ten sitio fixo.
Artigo 3.- O imperio non ten validez legal e só desenvolve as súas actividades simbólicamente.
Artigo 4.- A cabeza do imperio exércercea un Imperator, home ou muller, que nomeará sucesor de forma hereditaria. A consorte ou consorte do Imperator recibirá o nome, respectivamente,
de emperatriz ou emperador, podendo utilizar tamén os demais títulos vinculados ao de Imperator.
    O Imperator e consorte recibirán o tratamento de Maxestade Imperial, mentras que a princeps Biculum e consorte teñen trato de Alteza Imperial. Os demais títulos outorgados polo Imperator darán o tratamento de Realeza Imperial.
    Ademais do título de Imperator Vidialdi a persoa que ostente o cargo será tamén, Rex Insulum et Carboeirum, Augustus Castrorum, Caesar Eremitum, Autocrator Rodesindus, Basileus Esum, Archiducus Castanium, Ducus Casalum et Searum, Condus Cachadensis et Tombolensis, Maquesus Aquislavatum, e Señorum Espiñeirum et Tuandum.
Artigo 5.- Para modificar esta Constitución é preciso convocar a Dieta e que, como mínimo 4/5 partes desta aproben o cambio. Ou por decisión do Imperator.
Artigo 6.- O Consello será o órgano competente para interpretar os preceptos contidos na Constitución.
A presente Constitución, será desenvolvida e cumprida mediante acordo que validamente adopten o Consello e a Dieta dentro das súas respectivas competencias. Coa aprobación do Imperator.

Capitulo Segundo: Da dirección e administración do Imperium

Artigo 7.- A dirección e administración do Imperium serán exercidas polo Imperator e o Consello de acordo coa Dieta.
Artigo 8.- Este Imperium e os seus cargos non se fan responsables de actosa vandálicos feitos por siareiros seus.
Artigo 9.- O Consello estará formada por, na orde xerárquica:
a) Consulum.
b) Praerore.
c) Cuestor.
d) Entre dous e cinco Aedilus.
Artigo 10.- Os cargos que compoñen o Consello serán gratuítos, desenvolvéndose en períodos de catro anos denominados mandato, salvo decisión do Imperator, das ¾ partes da Dieta, dimisión de todo o Consello ou do Consulum. Ó fin do mandato realizarase unha convocatoria de Dieta, na que se votará a continuidade do Consello, que quedará aprobada coa maioría simple dos votos; de non ser así haberá un prazo de dúas semanas para que se elixa outro Consello, ou seguirá o anterior outro mandato.
Os membros do Consello, así como todo el, poderán dimitir cando queiran, dimisión que deberá aprobar o Imperator e a Dieta con maioría absoluta.
Os cargos do Consello son nomeados polo Imperator.
Artigo 11.- O Imperator terá as seguintes facultades e atribucións:
a) Asumir a representación legal do Imperium e executar os acordos adoptados polo Consello e a Dieta, presidindo as sesión que celebren tanto uncoma outra.
b) Propor o plan de actuación do Imperium, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
c) Convocar e levantar as sesións que celebren o Consello e a Dieta, dirixir as deliberacións dun e doutra decidindo con voto de calidade en caso de empate.
d) Nomear e destituír, sempre que sexa necesario, os membros do Consello que queira.
e) Outorgar e retirar títulos nobiliarios ao seu antollo.
Artigo 12.- A Dieta hase reunir en sesión Extraordinaria, cando o esixan as circunstancias ou así o acorden os membros do Consello ou o Imperator, en todo caso, para coñecer as seguintes materias: Disposición ou alleamento de bens, nomeamento do Consello, modificación dos Estatutos e disolución do Imperium, expulsión de cidadáns a proposta do Consello, solicitude de declaración de utilidade... Tamén se reunirá cando o pidan a décima parte dos cidadáns.
Artigo 13.- Se o Consulum é destituído ou dimite, o seguinte Consulum elixirase: se faltan menos de dous anos para o remate do mandato, adiántanse as eleccións; se faltan máis reunirase tod@s @s cidadáns e votarán ata elixir un novo Consulum ata o remate do mandato. Cada cidadán votará por quen queira, que cumpra os requisitos, incluso polo Consulum saínte; durante as catro primeiras votacións elixirase coas 3/5 partes dos votos, despois bastará só con obter maioría absoluta; o elixido pode renunciar ó cargo. Se o elixido pertence ao Consello debe nomear un sucesor no seu antigo posto. As votacións serán presididas polo Imperator e polo Consello.
Artigo 14.- A persoa que o Imperator seleccione herdeiro, que pode ser home ou muller, converterase en Imperator á morte ou abdicación deste, ostentando ata ese momento o título de Princeps Biculum.
Artigo 15.- As persoas que desexen ser cidadáns, solicitaranllo a un membro do Consello ou ó Imperator.
Artigo 16.- Os dereitos e deberes dos cidadáns do Imperium son:
a) Participar nas actividades que promova o Imperium e nos actos sociais que organice para tod@l@s cidadáns.
b) Exercita-lo dereito de voz e voto nas Dietas.
c) Ser nomeado membro do Consello na forma que prevé a Constitución.
d) Posuír un exemplar desta Constitución e ter coñecemento dos acordos adoptados polos órganos directivos.
e) Se é maior de idade e está vinculado a Bexo poder ser elixido Consulum.
f) A baixa de forma voluntaria da condición de cidadán.
g) Acatar a presente Constitución e os acordos validamente adoptados pola Dieta e o Consello.
h) Desenvolver fielmente as obrigas inherentes ó cargo que desenvolva.
i) Non politizar o Imperium, nin intentar facer política con el.
l) Gardarlle fidelidade e respecto ó Imperator, a emperatriz/emperador e @ princeps Biculum.
Imperator Pavlvs I